Contidos comúns.

-Análise de construccións para a identificación e a selección de solucións a un problema técnico: construcción do invernadoiro, valorando a súa adecuación ao contexto no que deben aplicarse.

-Realización de cálculos e planificación dos traballos prevendo os recursos materiais e as ferramentas que cumpran para a súa realización.

-Construción de modelos, plantillas e estructuras procurando o uso correcto das ferramentas e seguindo a planificación previamente elaborada.

-Valoración das montaxes e dos módulos verificando que cumpren coas especificacións previstas.

-Emprego das TIC para a busca de información, para a elaboración de documentos e planos, para a realización de cálculos e simulacións e para a presentación de obxectivos e resultados.


Bloque 1. O proceso e os produtos da tecnoloxía.

-Proceso cíclico de deseño e mellora de produtos.

-Control de calidade durante o proceso.

-Planificación e desenvolvemento práctico dun proxecto de deseño do invernadoiro.

Bloque 2. Materiais.

- Madeira

- Plástico

-Exemplificación da aplicación e da elección de materiais para o proxecto.

Bloque 3. Elementos de máquinas e sistemas.

-Esforzos básicos en elementos estruturais.

- Soporte e unión de elementos.

Bloque 4. Procedementos de fabricación.

-Técnicas de fabricación. Máquinas e ferramentas apropiadas para cada procedemento.

-Criterios de uso e mantemento de máquinas e ferramentas. Normas de seguranza e hixiene no traballo.

-Exemplificación dalgunha técnica sinxela de fabricación con máquinas e ferramentas axeitadas.

Bloque 5. Recursos enerxéticos.

- Uso de enerxías alternativas.