Os Departamentos de Tecnoloxía e Debuxo plantexan ao seu alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato a participación nun proxecto de deseño e construcción dun invernadoiro cunha estructura de cúpula xeodésica.

A través deste proxecto desenvolveremos de modo teórico-práctico diferentes aspectos dos currículos destas materias. O alumnado terá a oportunidade de enfrontarse á resolución de problemas reais no deseño e construcción dunha estructura modular de carácter arquitectónico. Aproximarémonos de modo interdisciplinar a cuestións fundamentais para estas materias como son forma, función, materiais e procesos.

O Departamento de CCNN, Bioloxía e Xeoloxía colaborará nunha segunda fase do proxecto aproveitando as posibilidades que ofrece unha infraestructura como esta para o desenvolvemento das materias que imparte.