Propoñemos deseñar e construir un invernadoiro semiesférico cunha estructura reticular de madeira disposta a modo de cúpula xeodésica.

Partimos da idea dun deseño integral, na que forma, función, materiais e procesos constructivos, estén presentes en todas e cada unha das etapas do proxecto. Trataremos de presentar unha solución formal que relacione a xeometría dos volumes cos materiais empregados para a súa construcción (fundamentalmente madeira e plástico).

Elaboraremos planos xerais, planos de elementos e detalles constructivos, maquetas e modelos que axuden a comprender as solucións aportadas, e evidentemente construiremos un prototipo a escala natural.

Será necesario optimizar os procesos de corte, unión, etc. recurrindo a patróns e guías, para serializar a producción dos múltiples módulos que conformarán a estructura.

O alumnado terá, ademáis, que documentar todo o proceso coa finalidade de facer unha memoria final que permita explicar o traballo realizado en calquer foro.