Este proxecto enmárcase na liña de colaboración e desenvolvemento de proxectos que principiou o pasado curso escolar coa construcción dunha cociña solar de concentración con reflector parabólico, entre os Departamentos de Tecnoloxía, Debuxo e CCNN Bioloxía e Xeoloxía.

Este proxecto pretende ser, ademáis, unha achega á actividade anual de centro, que no presente curso xira ao redor dos bosques; tanto polas posibles aplicacións do invernadoiro, como polo principal material empregado: a madeira; pero sobre todo por ser exemplo dunha arquitectura eficiente, con custos de producción moi baixos, e pola inmellorable relación entre a cantidade de materia prima empregada e o volume construido. Este proxecto preséntase no contexto da actividade anual sobre os bosques como un exemplo de arquitectura respetuosa co medio ambiente, un modelo que aproximará ao noso alumnado á idea de sostenibilidade.